O noso método

Vivimos nun mundo estresante, cheo de ruído e marcado polas présas no que cada vez é máis difícil escapar da rutina, do traballo e da monotonía.

Este ritmo frenético no que nos vemos mergullados no noso día a día fainos desconectar de nós mesmos e dos nosos seres máis queridos, como a nosa parella.

Nos 20 anos que levamos dedicados a crear experiencias idílicas de desconexión e conexión na natureza, comprobamos que hai 3 factores fundamentais para poder vivir unha aventura destas características na súa máxima plenitude.

  • A contorna natural.
  • A intimidade
  • O confort

Con este método conseguimos espazos únicos para voltar á esencia, esquecerse do superfluo e recargar as pilas para volver á túa rutina renovad@ e cunha enorme sensación de paz

1.- A procura do emprazamento perfecto

conexión coa natureza

Buscamos durante anos a localización perfecta para construír as nosas cabanas, non é unha tarefa doada. O lugar debe reunir unha serie de características difíciles de conseguir

  • Unha leira edificable clasificada como urbana e que ao mesmo tempo teña árbores grandes e autóctonas
  • Sen contaminación lumínica e afastada de calquera ruído
  • Cunhas vistas inmellorables ás mellores paisaxes de mar ou montaña de Galicia.

En definitiva, unha contorna óptima e espectacular para crear esta experiencia vital de desconexión co mundo e conexión coa natureza.

2. Deseño e construción respectando a contorna e buscando intimidade

intimidade

A nosa aposta por un deseño tan específico e gran calidade na construción levounos a confiar desde o primeiro día en Salgado e Liñares ((www.salgadoeliñares.com) e ADDOMO Arquitectura Modular (www.addomo.es), profesionais cos que seguimos traballando nos nosos próximos proxectos. A túa privacidade e a da túa parella, xunto co benestar e o mimo no detalle, eran as nosas prioridades. Por iso o deseño é tan coidado e a construción de todas as nosas cabanas faise con materiais naturais, mimetizándose co bosque e respectando a contorna natural.

Teredes a sensación de que estades sós no medio do bosque.

3. O confort

confort

Estar na natureza non ten porqué significar privarse de comodidades.

Vestimos cada cabana con todo tipo de comodidades propias dun hotel de luxo.

Ademais, utilizamos produtos naturais, ecolóxicos e de proximidade para que non renuncies ao confort absoluto na túa escapada no medio da natureza.